O FESTIVAL DE SAIÁNS

Terceira edición de PICNIC SESIÓNS

Programación

programacion festival picnic sesions saians galicia

Concertos

Aquí podedes consultar toda a info dos grupos que teremos nesta
segunda edición do noso festival

Zeltia Irevire

Zeltia Irevire é un proxecto de música Folk Tribal formado en 2019. Comezando de maneira solista con temas máis persoais, o proxecto vai collendo máis personalidade co formato dúo tocando por toda Galicia e viaxando por Europa vencellando causas sociais e culturalis. Na procura dunha conciencia xusta, respetuosa e ecoloxista colaboran activamente con diferentes asociaciones culturales, ecoloxistas y feministas compartindo obxectivos éticos y morais por un futuro sostible coa nosa Terra e a nosa cultura.

 

Xa sabedes! O 2 de septiembre para xantar temos banda sonora desta muller brava na #radiocosteira DE #saians

 

The Mirror Music

¿Pódese soar a Redhotchilipeppers, Janis Joplin e Led Zeppelin á vez, e sair airoso no intento? Pódese, e ademáis con nota!

 

Banda de temas propios con influencias do rock, funk e

soul, con cancións intensas cun “groove” moi inmenso, a banda do Valmiñor móstrase como uns revivalistas dos setenta moi competentes.

 

Este ano presentan o seu segundo disco con moitas novedades, entre elas, a introducción de letras en castelán,con mensaxes moi potentes.

 

Xa sabedes,  cartaz con nivelón de grupos musicais da contorna, coma sempre!!! Anotade o 2 de setembro nas vosas #picnicaxenda que a #radiocosteira de #saians VAI VIBRAR!

 

Los Pontiaks

Banda formada en Vigo a mediados de 2014. Billy King (batería), Mr. Cobra (contrabaixo) e

André Loud-Rider (guitarra). Crean un son persoal e algunhas cancións nas que mesturan Boogie, Rock’n’Roll clásico dos 50, Exotica e Swing.

 

Vestidos cos seus esmoquin, coas súas máscaras de caveira e os seus cascos Prusianos, son un combo rítmico e compacto que rompe canción tras canción, mentres non podes parar de bailar e moverte. Converten os seus concertos en auténticas

festas!

 

Xa sabedes! O día 2 de setembro temos unha boa festa na #radiocosteira de #saians

 

ZALOMON GRASS picnic sesions festival

Zålomon Grass

Zålomon Grass é un power trio de rock, blues e psicodelia formado en Vigo no ano 2020. Cansos do predecible que ás veces semella tornar a escea actual do Hard Rock tanto dentro coma fora das nosas fronteiras, Zålomon Grass fan xirar as engranaxes de sua máquina do tempo e o espazo, dispostos a nos traer sons máis propios de outras épocas e a retomar o legado e o espírito dos primeiros anos 70 do século XX co seu particular, ecléctico, malia certeiro Cosmic Blues.

 

Teñen un novo e esperado álbum -Space Opera, gravado nos GuitarTown Recording Studios de Hendrik Röver e producido pola mesma banda- Zålomon Grass culminan un ciclo e abren as portas a un universo cheo de posibilidades sonoras cun disco conceptual, rico en matices analóxicos, cheo de velados e sutís homenaxes a obras clásicas do xénero, tanto no lírico coma no musical; consolidando deste xeito o seu estilo persoal e navegando a través dun sonido único, que aborda sen medo todo o espectro do Rock and Roll con maiúsculas, dende as notas máis clásicas aos matices máis vangardistas.

 

aphonnic

Sentímonos afortunados de que ésta bandaza peche os concertos do noso festival o 2 de setembro. Tremerá a Radio Costeira de Saiáns coa despedida do seu disco LA REINA.

 

Disco coidado ao milímetro con 11 cancións de calado

emocional, letras punzantes e melodías incribles

O grupo levou a súa música grazas a este disco a grandes festivais de este país. Tamén a moitas cidades da península deixando sempre un bo sabor de boca e un directo impecable.

 

Ademáis este concerto fainos especial ilusión, xa que o seu cantante Chechu Aphonnic é veciño de Saiáns e sempre acude a todas as picnic sesións dende o comezo.🧺🌿

 

GRAZAS POR FORMAR PARTE DO CARTAZ DE ESTE ANO APHONNIC

certame de pintura rápida

Cartaz e info do certame de pintura que teremos dentro das actividades
programadas no noso festival

certame de pintura picnic festival

Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo. De la pradera ullamco qué dise usteer está la cosa muy malar.

Actividades de público familiar

O espazo estará nas mans da asociación @alados.medioambiente
e estará PATROCINADO pola COMUNIDADE DE MONTES DE SAIÁNS🌿( Grazas Uxío)

taller de ZAPA HOME

Temos o enorme pracer de anunciar un marabilloso taller de #hapazome impartido por @nenaplantsflow o 2 SET no PICNIC SESIÓNS, O FESTIVAL DE SAIÁNS «La técnica japonesa de Hapa Zome es el arte de golpear con un mazo flores/hojas/vegetales para extraer sus pigmentos naturales sobre un tejido, creando así, piezas únicas y originales. En esta Experiencia aprenderás a como estampar vegetales en tejido, entenderás cuáles son los más indicados, sus tiempos de oxidación y a cómo conservar los colores. Pasaremos una hora a golpe de martillo y buena charla, es una técnica perfecta para quitarnos el estrés. Crearemos una mantel a modo de muestrario y un marca páginas.

 

  • Dirixido a todas as persoas a partir de 6 anos
  • INSCRICIÓNS POR ORDE DE CHEGADA A PARTIR DAS 11:00H
  • Dúas quendas: -12:00h -15:00h PRAZAS MOI LIMITADAS!!! DE BALDE!!!!

XOGANDO MIUDIÑO

Un espazo de xogo que ofrece a @miudinho.scg para festas, festivais, romarías, festas históricas… Nel atoparás brinquedos clásicos neste tipo de espazos como: zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións…eles van un pouco máis aló.
En “Xogando Miudiño” hai un espazo bebés, un espazo de medios de locomoción e pequenos xoguetiños cos que seguro non has quedar indiferente.

De balde, para todas as idades, e situado na sombriña, ó lado do #parqueinfantilsaians

 

HORARIO:
16:30-18:00h

 

peter punk pallaso

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.

Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…

Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.

Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina, por toda Galicia e o estado!

Main Stage

Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo. De la pradera ullamco qué dise usteer está la cosa muy malar.

Información adicional

Neste apartado podedes encontrar documentos para descargar que precisaredes para algúns detalles do festival

A

INSCRICIÓN CERTAME PINTURA RÁPIDA

Velaquí podedes descargar o documento para a inscrición no CERTAME DE PINTURA RÁPIDA. Se eres menor de idade precisarás adxuntar o permiso do teu titor/a

A

PERMISO DO TEU TITOR/a

Se eres menor de idade e queres participar no CERTAME DE PINTURA RÁPIDA, precisarás adxuntarnos o permiso cuberto polo teu titor/a, xunto coa inscrición