Quen somos?

PICNIC sesións é un proxecto sociocultural da asociación sen ánimo de lucro LIDEIRAS, que ten como obxectivo que a parroquia de Saiáns teña o seu propio festival no verán. Para conseguilo, levaremos a cabo unha serie de eventos e actividades para recadar fondos que servirán para financiar o devandito festival.

Natureza, Cultura e Comunidade, son os tres piares que sosteñen o proxecto.

Queremos un formato de festival familiar, de día, con actividades para todos os públicos, que nos represente como comunidade e nos poña en valor.

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Poñer no mapa a Saiáns como a primeira Parroquia de Vigo aberta ó Val MIñor.

  • Dinamizar o espazo con actividades culturais para todas as idades

  • Establecer un espazo de conexión entre á veciñanza  para formar unha comunidade capaz de conseguir ós seus propios logros

  • Revalorizar a paisaxe

  • Economía circular

  • Concienciación e sensibilización ambiental

  • Fomentar a igualdade de xénero

COMIDA E BEBIDA

Consulta  a bebida e comida dispoñible nas Picnics Sesións

Saiáns

12 feb 23 mais pala

Saiáns, nas lindes do Concello de Vigo é unha parroquia apartada do entorno urbán que moitos descoñecen. Tan próximo ó Val Miñor que os vigueses esquecen que ésta localización pertence á cidade olívica , froito disto, ninguén se lembra desta zona á hora de programar actividades culturais, asi como do resto das parroquias da periferia do concello vigués.

 

Saiáns ten un entorno natural incomparable. A súa paisaxe  está considerada como unha das mellores das Rías Baixas, ademáis de atesourar un patrimonio toponímico e arqueolóxico descoñecidos pola meirande parte dos habitantes da contorna.

 

Un pequeno paraíso que a súa comunidade busca dar a coñecer e por en valor.

Lideiras

A pegada dun lugar a nivel sociocultural é moi importante. Cada acto que se fai, deixa a súa pegada nas xentes do lugar, deixando tras de si un valor socioeducativo moi potente.

 

Construíndo entre todos un espazo de xuntanza no que acontecen sucesos que falan de nós como sociedade. Qué é o que queremos que nos represente? Qué pegada queremos deixar para as novas xeracións?, Qué podemos facer para mellorar o espazo e qué legado queremos deixar?

 

En resposta a estas e outras cuestións, xorde a Asociación Cultural Lideiras, por iniciativa propia dalgúns veciños de Saiáns, ante o inconformismo da situación cultural da parroquia, tendo por bandeira o proxecto PICNIC SESIÓNS