Por fín chegou o día! Despois de moita preparación e esforzo por parte d@s voluntari@s, ante o risco de chuvia, decidimos levar a cabo o PLAN B e facer a nosa estrea no local da Asociación Veciñal San Xurxo de Saians. Un pouco chafados, xa que no Parque Forestal, tiñamos o decorado natural perfecto para a programación do evento, pero non puido ser, que lle Ímos facer!
Amenece con néboa, estamos nerviosos e emocionados. Un pouco sobrepasados de traballo pola preparación da estrea, pero coa convinción de que estamos a facer algo de proveito para a comunidade.
Arrincamos ilusionad@s coa carismática actuación de BRAIS DAS HORTAS. Non sabedes a importancia que ten para nós que un artista coma Brais veña a nosa estrea. Grazas a xestión da asociación de veciños con Pontegal.
Non faltou público, acompañáronnos varias familias nesta data tan importante para nós, para disfrutar do novo espectáculo de Brais, “Consertasso na horta”, e para felicitarnos pola nosa iniciativa.
O espectáculo foi todo un éxito, @s nen@s escacharon coa risa e botaron uns bailes con Brais. Fíxose curto, a verdade, sempre que estamos na compaña de Brais,o tempo voa.
Rematada a actuación, foise achegando cada vez máis xente para desfrutar do noso “Menú do día”.
Veña a saír para todo o mundo bocatas de chourizo asado, canciños quentes e a pizza vegana de Mariana que, foi sen dúbida, a triunfadora da xornada! SOLD OUT!
O sol fixo a súa aparición. Xa relaxados entre risas, decidimos montar o concerto de FLIP CORALE ao carón da Igrexa parroquial, aproveitando a excelente panorámica dende Cabo Silleiro ata ás Illas Cíes.
O rock-folk do grupo Pontevedrés rachou ca paz que sempre invade ós sábados pola tarde á parroquia.
Case ó final do concerto, comezaron a caer unhas pingas e tivemos que recoller e despedirnos as presas de todos os amigos que viñeron a apoiarnos.
Día 1 superado, xa estreamos o noso proxecto!
O equipo de voluntarios tiña todo recollido e limpo en media hora. Qué bonito é ver a veciños de Saians cunha actitude abraiante, unidos polo ben común!
Cruzámonos entre nós miradas cómplices e de satisfacción. Levar a cabo eventos de maneira independente non é doado, pero con ganas e implicación recadaremos os cartos suficientes para conseguir facer O FESTIVAL DE SAIÁNS.
Queres colaborar?
-Acude aos nosos Picnic sesións (Visita o noso instagram)
-Comparte este artigo nas túas redes
-escríbenos a organizacion@picnicsesions.gal
Feito con xeito por veciñ@s de Saiáns