CAL É A LIDEIRA?

A nosa LIDEIRA é que Saiáns teña o seu propio FESTIVAL!!! 

 PICNIC sesións é un proxecto sociocultural de LIDEIRAS, Asociación Cultural de Saiáns, que ten como obxectivo facer o seu propio festival no verán. Para conseguilo, faremos unha serie de eventos e actividades para recadar fondos.

 Natureza, Cultura e comunidade son os tres piares conceptuais que sosteñen o proxecto.

Saiáns ten un entorno natural incomparable. Monte, praia,  paisaxe considerado como un dos mellores das Rías Baixas. Un paraíso que a súa comunidade busca dar a coñecer.

Nas lindes do Concello de Vigo, parroquia apartada do entorno urbán, moitos descoñecen que Saiáns pertence á cidade olívica. Ninguén lémbrase da zona á hora de programar actividades culturais, por iso un dos obxectivos é reactivar a vida cultural e dotar á parroquia de seu propio festival.

A pegada dun lugar a nivel sociocultural é moi importante. Cada acto que se fai, deixa rastro nas súas xentes, e ten un valor socioeducativo moi potente. Construir entre todos un espazo de xuntanza no que pasan cousas que falan de nós como sociedade. Qué é o que queremos que nos represente? Qué pegada queremos deixar para as nosas fillas? Que podemos facer para mellorar o espazo?

Qué quere a comunidade picnic?

  • Poñer no mapa a Saiáns como Parroquia de Vigo
  • Dinamizar con actividades culturais para todas as idades o espazo
  • Xuntar á veciñanza e crear unha comunidade unida, capaz de conseguir o que se propón
  • Revalorizar a paisaxe
  • Economía circular
  • Concienciación e sensibilización ambiental
  • Fomentar a igualdade de xénero

Proxecto creado por veciñ@s de Saiáns que, grazas a súa colaboración e iniciativa voluntaria, conseguiron levar a cabo eventos para todos os públicos, de maneira independente, autofinanciándose e buscando colaboracións de distintas empresas e institucións da contorna, como a Asociación de vecinos San Xurxo de Saiáns ou a Comunidade de Montes.

Queres colaborar nas picnic sesións?

-Síguenos nas redes e acude ós nosos eventos

-fala de nós

-Escríbenos a organización@picnicsesions.gal