DESPEDIDA DE 8.ZERO

Aínda estamos moi cansos polo tute da fin de semana anterior na Vigo Bike Contest, onde recadamos moitísimos fondos coa Cantina que nos deixaron poñer, no Parque Forestal. Xuntámonos de novo, un mes despois, A 20 de Marzo, para celebrar unha nova PICNIC SESIÓNS.

A Radio Costeira parece invadida unha vez ó mes pola nosa equipa. Enchémos de música e actividades para todas as idades o espazo. A veciñanza acude sempre cun sorriso e iso é o noso motor para seguir traballando arreo, sen maior recompensa que, a que esperamos ter no mes de setembro, no festival de Saiáns.

Esta xornada a comezamos máis tarde, temos que probar diferentes cronogramas para ver cal é o que mellor funciona e a que máis gusta.

Arrincamos ás 13:00h con ZÚMBALLE, coa habitual forza e actitude de Belén de 8.ZERO_ENTRENAMIENTO PERSONAL. Quizáis, respírase no aire que esta é a derradeira xornada patrocinada de actividades deportivas, e por iso a xente acode con tantas ganas.

Picnic sesión

Agradecemos moitísimo a colaboración de todas e cada unha das persoas que se suman as PICNICS, por suposto, pero 8.ZERO axudóunos a encher os eventos de actividade deportivas, unha grande aportación a nosa causa, xa que, tentamos facer un pouquiño de todo. Unha nova empresa amiga máis que se úne á COMUNIDADE PICNIC.

Xantamos canciños quentes e pizza vegana. E mandámoslles un par de cafeciños de pota ben quentiño.

A rapazada estreou unha nova actividade estrela, pintar o chan da pista con xiz! Pasáronno de medo!

As catro comezaron os DEPORTIXOGOS, e Belén tiña preparadas moitísimas actividades! Animación musical, cintas, diábolos, hullahops, un montón de materiais e mil detalles que sempre prepara con moitísimo agarimo, palpable a un milleiro de kilómetros. Xogaron tamén cun twister xigante e non sei dicir con qué mais, a verdade, pero había unha morea de cousas!, na vida , viramos montaxe tal!

Unha mágoa que fóra a última vez que desfrutamos de Belén, unha rapaza a que, de seguro, lle irán xenial as cousas.

Os antigos terreos da Radio Costeira enchéronse, coma comeza a ser unha feliz costume, cara á hora do concerto.

SOUL TO GO, un grupazo que foi un auténtico privilexio ter nas PICNIC SESIÓNS. Xente ben riquiña que colaborou sen ánimo de lucro, cunha calidade musical abraiante que deixáronnos a todos abraiados. A verdade que nos está a quedar un ciclo de concertos ben guapo! Xa lles gustaría a moitas salas de concertos programar así de ben jejejej! Inda por riba cunha paisaxe inmellorable, con Monteferro ó fondo e ás Cies a un lado. Aire puro, música en directo e xogo libre na natureza.

Picnic sesións

Caras coñecidas que repiten sesión tras sesión, o cal demostra que estamos todos xuntos nisto. Sorrisos que cada vez son máis amplos, miradas que gardaremos para sempre. Ogallá pasen os anos e podamos contar ós nosos netos a nosa historia, o conto de cómo conseguimos entre todos facer o festival de Saiáns. De cómo espertamos a actividade cultural na parroquia a base de afouteza, moito corazón e todo de xeito autofinanciado e en colaboración de empresas amigas. A comunidade que quere facer cousas, as fai. Non queremos excusas, buscamos solucións.

QUERES COLABORAR?

-Escríbenos a organizacion@picnicsesions.gal