PICNIC SESIÓNS 14 MAIO 2023: Abandono absoluto de Saiáns por parte do Concello De Vigo

En xuño do 2021 bosquexamos este proxecto dende o corazón, con toda a ilusión do mundo.

Unha das partes importantes para nós era que fose gratuíto e inclusivo para  toda a veciñanza, para democratizar e facer accesible a pouca ou nula actividade cultural da parroquia (sen desmerecer, por suposto, o traballo da Asociación veciñal) referímonos a completa ausencia de programación cultural por parte das institucións públicas en Saiáns.

View Post PICNIC SESIÓNS 14 MAIO 2023: Abandono absoluto de Saiáns por parte do Concello De Vigo
tropa do trapo picnic sesions

AS PICNIC SESIÓNS XA ESTÁN DE VOLTA EN SAIÁNS!

9.00h da mañá e voltamos a Radio Costeira para comezar a montaxe da loxística pertinente da primeira PICNIC SESIÓNS DO 2023

Baixo un sol incríble, e ca previsión dun domingo espléndido para desfrutar en Saiáns, arrincamos a xornada con enerxía, cunha equipa de montaxe que medrou en número de voluntarios con respecto ó ano pasado.

View Post AS PICNIC SESIÓNS XA ESTÁN DE VOLTA EN SAIÁNS!