DODS PECHOU O DÍA CUN CHEO DE SALA - Picnic Sesións

MOITO QUE FESTEXAR COA ASOCIACIÓN VECIÑAL!

23 de Abril do 2022. Din que vai chover!! Despois de darlle moitas voltas, decidimos trasladar o evento ao local da asociación veciñal San Xurxo de Saiáns.

Desta vez, para festexar o día de San Xurxo e o día do libro, organizamos o evento conxuntamente coa asociación veciñal.

O cartaz de actuacións é máis extenso ca nunca e, índa que chafados por tener que adaptar todo ó formato a modo interior, collemos folgos e démoslle pulo a sacar o evento adiante.

Son as 9:30, somos dúas persoas aínda  xunto á Igrexa, e non parece que exista amenaza de chuvia, inda así, mellor ser precavidos.

Pouco a pouco, inda hai quen ven sacándose as legaña, vanse sumando algunhas das persoas que forman parte da equipa de voluntarios das PICNIC SESIÓNS.

CAPITÁN FILLOA

Capitán filloa únense unha vez máis a darlle o toque doce as nosas PICNIC. Jorge e Bego, xente ben riquiña que non se perde unha! Os asistentes nunca esquecen parar a degustar as súas deliciosas filloas doces e con froitas! Qué ricas, ñam, ñam!!!!

CAPITÁN FILLOA SEMPRE PRESENTES NAS PICNIC SESIÓNS

COMEZAMOS A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO DÍA!

Estamos listos para o comezo, a primeira das actuacións é a da Coral Lira de San Miguel de Oia ás 12:30 na Igrexa. Xusto despois, comeza a Banda de música Lira de San Miguel de Oia, onde temos soplando no bombardino a unha das nosas voluntarias: Victoria, un amor de rapaza.

Algo máis tarde das 14:00h comeza o concerto dos STORRENTOS, dúas horas de repertorio, ateigadado de versións de rock de taberna que levantaron o ánimo do público. O auditorio do Local social, tornouse nuha auténtica Sala. Ambientazo e espazo cheo de xente.

Vendimos tódolos bocatas de chourizo asado e de tortilla de patacas, non foi de extrañar! Os chourizos boísimos, asados por Miguel Casal e a tortilla feita con moitísimo agarimo por Alfredo Fernandez Rial, pai de César, outro dos nosos fiéis voluntarios. Por certo! Hoxe outro dos motivos de celebración é que Cesar está de cumple! Festa rachada e moitos amigos..xa estamos noutra gran PICNIC. De aquí a un ano seguro que temos moito que brindar por ter conseguido facer realidade, entre todos, o FESTIVAL DE SAIÁNS.

As 16:30  ANA FACCHINI deu comezo as actividades para a cativada. Desta volta, por mor do día do libro , nada mellor que unha grande contacontos para animar ós pequenos lectores. Unha gozada de persoa Ana, os pequerrechos quedaron encantados coa súa contada “contos, cantos e outras animaladas”

18:00h achéganse todavía máis persoas para ver o concerto de peche da SESIÓN. Os  “DREAMS OF DOLLY SHEEP” sumáronse a colaborar connosco e amenizaron o serán cunha selección de temas dos seus 3 albumes. A sala a reventar de xente e o grupo non defraudou. Rock embolvente, con temas orixinais moi ben traballados, letras punzantes, riffs e melodías que te levas para casa gravadas a lume na retina auditiva.—vaia concertazo!, a barra funcionando mellor que nunca, e de cada volta maior afluencia e maior repercusión…Isto marcha!!!

CONCERTAZO DE ROCK DOS STORRENTOS

PICNIC COMUNIDADE

 Cada vez somos máis na comunidade PICNIC. Entre Todos xuntamos esforzos para levar a cabo os eventos mes tras mes,cada vez ímos crecendo máis, máis voluntarios, máis público , máis colaboradores e polo tanto o festival, cada día máis preto.

En Maio publicaremos nas redes sociais a data do festival de Saiáns. Xa temos moitas sorpresas preparadas. Esperamos estar á altura e que disfrutedes connosco ese día que quedará para a historia, ao igual que a equipa que conseguiu levalo a cabo. Exemplo para as novas xeracións e que dure moitos anos máis este proxecto feito con moito amor, dende Saiáns.