CHEGOU O DÍA, CHEGOU A ROMARÍA
Venres 9 de setembro, madrugón para a montaxe na Radio Costeira do que vai ser a primeira edición do FESTIVAL DE SAIÁNS.
OS DERRADEIROS DÍAS FORON DUROS, por non dicir semanas ou meses… xa que isto foi unha carreira de fondo para que esta fin de semana o pobo enteiro estea de celebración.
Nada disto sería posible sen a equipa de voluntari@s, sen os patrocinadores e todas e cada unha das persoas que nos acompañáchedes ao longo do ano nas pequenas PICNIC SESIÓNS para recadar fondos.
PREVISIÓN METEREOLÓXICA MALA
Levaban dúas semanas dando un pronóstico de choiva e tempo bretemoso para a fin de semana do noso festival.. de feito, a golpe de mércores, a cousa pintaba mal, moi mal…
Chamamos a case todas as empresas de carpas das Rías Baixas para poder asegurar un mínimo de afluencia no caso de que caíran chuzos de punta..e non conseguimos nada de nada a tempo….a isto houbo que engadir os atrancos co suministro eléctrico e a busca dunha alternativa viable para sacar o evento adiante.
Por sorte ou por cuestión do karma, que non deixou que tanto traballo se fóse ao tacho, amenceu cun sol radiante e cunhas temperaturas que foron subindo co paso das horas…tanto que contra a tardiña abafabamos coa calor, e pasamos de laiarnos por non ter cuberta no caso de choiva a comentar entre os asistentes que tal vez uns cantos parasois non viñan mal, seica!
Entre moitos dos atrancos de última hora que foron xurdindo días antes..algo que nos deixou un moi mal sabor de boca foi que un posto moi grande , encargado de darlle xeito a oferta gastronómica, deixounos tirados a catro días do evento…unha auténtica mágoa, unha grande decepción para nós , posto que esta informalidade deu por resultado que tiverades que esperar tempo de máis e facer moita cola para coller comida. As nosas mais sinceras desculpas polas molestias ocasionadas a toda a comunidade picnic.
Asumidos os erros e atrancos de última hora, collemos alento e puxémonos a tirar para diante esta primeira edición do festival de Saiáns coa forza da ilusión e a semente do sorriso.
Apertura do festival: COMEZAN OS CONCERTOS!
Contra o serán do venres comeza o ruxe ruxe no ambiente da Radio Costeira para ver o concerto dos FAMILY FOLKS co seu folk-rock tabernario e pillabán . Grande expectación, moita complicidade e, entre os veciños de Saiáns, unha morea de caras novas que sumáronse a troula para desfrutar dunha xornada de música en directo gratuita.
Alá polo lusco fusco, a temperatura do ambiente subiu co fervor funkático dos MOON CRESTA. O seu directo enerxizante e revitalizador, converteu a radio costeira nunha pista de baile, onde os asistentes gozaron das derradeiras notas dun solpor moi festeiro.
Concertos de moita calidade que puxeron moi alto o listón de cara a xornada do sábado, día principal do festival..algo máis de 400 persoas que compartiron con nós o primeiro día de celebración, poideron dar fe disto.
Arredor da medianoite retirámonos para a casa emocionados e vibrando pola calidade musical dos grupos e o bo facer da equipa de organización, mención especial para Parolas, con Fran Leboso á cabeza..sen eles, todo isto sería un milleiro de veces máis complexo.
XORNADA DO SÁBADO 10 SETEMBRO
Arrincamos a xornada co CERTAME DE PINTURA RÁPIDA Ó AIRE LIBRE “MINGOS TEIXEIRA” e espállanse pola Radio Costeira os artistas para crear a súa obra seguIndo o lema do certame:
“ A PAISAXE DE SAIÁNS”.
Brais das Hortas, racha o xeo das actuacións do día, co seu CONSERTASSO NA HORTA e pon a toda a audiencia a facer sacho-zumba…un auténtico crack o nóso Braisiño, padriño honorífico das Picnic , que conquistou unha vez máis os corazóns de grandes e meniños.
De seguido, temos o pracer de disfrutar do VERMÚ NORDESÍA cun polbo a feira riquísimo, e para amenizar os nosos oídos, O GRUPO CALDO, deixa o arume fermoso do cerne morno de corazón folk galego en Saiáns.
ESPAZO CATIVADA PATROCINADO POLA COMUNIDADE DE MONTES DE SAIÁNS
A carón do parque infantil. A asociación ALADOS MEDIOAMBIENTE, de educación medioambiental, preparou diferentes instalacións promovendo o xogo libre, a expresión artística, a animación á lectura e a construcción con elementos da natureza—por nomear algunas das moitas cousiñas que propuxeron á cativada do festi. As Familas pasárono de medo!..e nós, máis!!
O noso agradecemento a COMUNIDADE DE MONTES DE SAIÁNS, por subvencionar a actividade para a cativada. Entre todos fixemos unha festa ben ghuapa!
Namentres as familas estaban neste espazo, escoitábase a picada en vinilo de FRANK DREBINS DJs, coa súa selección da mellor música dos 50s, 60s e 70s. Rock, soul & funk nunha das mellores paisaxes do concello de Vigo.
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE PINTURA RÁPIDA
Entrada a media tarde, Mingos Teixeira prepárase para facer entrega dos premios do certame homónimo, como agasallo a súa traxectoria artística e educativa. (GRAZAS POLA TÚA PRESENZA E COMPAÑA, UNH AUTÉNTICA HONRA TERTE ENTRE NÓS, MILLEIROS DE GRAZAS MINGOS!!)
O resultado do certame deu como PRIMEIRO PREMIO a NEREA VILLAR, o SEGUNDO PREMIO foi para EVA PROL e como OBRA FINALISTA: NOELIA RODRIGUEZ
Gran traballo de tódolos artistas que participaron no 1º CERTAME DE PINTURA RÁPIDA Ó AIRE LIBRE “MINGOS TEIXEIRA”
Grazas a FRUTAS NIEVES por ternos agasallado con 300 pezas de froita para darlle forzas no seu traballo aos artistas e membros da organización.
BIFANNAH, HIGH PAW e THE SOUL JACKET
Comeza á fiestaza, as horas máis felices do festi, no que tivemos a sorte de transformar a pista multiusos da Radio Costeira de Saiáns nunha auténtica e xenuína PISTA DE BAILE!!
As xentes do lugar marmuraban que nunca tanta xente viran en Saiáns,..co cal , vése que o obxectivo de poñer a Saiáns no mapa, está máis que cumprido.
Coñecemos a moita xente que endexamáis se achegaran a nosa parroquia, e quedaron prendados e abraiados tanto pola paisaxe como polos terreos da radio costeira.
O esforzo da equipa de voluntarios foi impresionante. Conseguiron que na barra de bebidas non se formara nin unha soa ringleira de espera, iso sí, Cesar, Edgar, Toni e Javi non pararon en todo o día, traballo de equipo intenso no que amosaron unha actitude difícil de repetir. GRAZAS MOZOS!
No stand de tiquets sí que tivemos acumulación de choio. Marisa, Carlota, Iria e Marta, déronno todo, inda así, tanta xente víu, que foi difícil que non se producise unha longa, longuísima fila….traballaremos para que non pase na segunda edición (ogalla sexa posible…)
CAPITAN FILLOA e BOCATERÍA LALOS traballaron arreo todo o día, malia todo foron inevitables as longas ringleiras de xente.
Neste caso temos que apuntar, que isto debeuse a que a oferta gastronómica corría a cargo de tres postos, non de dous…pero houbo quen nos deixou tirados, a catro días do evento… e de ahí a deficiencia tanto na oferta alimenticia, na premura do servizo e a saturación dos outros dous postos que sacaron o barco de entre as rochas, con grande estoicismo.
De igual modo, pedímosvos desculpas pola vosa espera nas colas e moitísimas grazas pola vosa paciencia, sorriso e comprensión.
Concertazos de Bifannah e High Paw , baixo un sol abrasador, camiñando cara un solpor que non esqueceremos nunca… BIFANNAH e a súa psicodelia retrotropical e o reggea female power de HIGH PAW con Laura Mercy. Público moi animado de todas as idades ateigaban a pista , os taludes e as pradeiras en bancais da radio costeira. Músicos e xente quente que medraba en número según ían pasando as horas do festival.
E chegaron THE SOUL JACKET co seu show cargado de rithm and blues, rock and roll e psicodelia, reventando tódalas mellores expectativas de afluencia por parte da organización…Xente a moreas, audiencia inmellorable, e a mellor das vibracións nun paraninfo interxeneracional coa mellor das bandas sonoras para pechar esta primeira edición das PICNIC SESIÓNS.
Xa máis relaxados, un par de membros da organización, abrazámonos moi emocionados….” O final fumos quen de facelo posible…”O FESTIVAL DE SAIÁNS” ( un saúdo a todas aquelas persoas que nos dicían que non ía funcionar, que algo así era imposible)
A comunidade que de verdade se o propón, consigue o que quere!. Solucións denantes que excusas. Perseverancia, moitas ganas e moitas horas…
Longa vida ás PICNIC SESIÓNS de Saiáns e grazas a cada unha das persoas que dalgún xeito fixeron posible este proxecto e participaron nel…e por suposto moitísimas grazas a TI , que estás lendo estas lideiras, que asistes aos eventos, que nos deixas uns euros, dun modo ou doutro, a ti que nos segues en redes, que participas nas actividades, que compartes e difundes..gracias por ser da nosa gran familia PICNIC