23 de Abril do 2022. Din que vai chover!! Despois de darlle moitas voltas, decidimos trasladar o evento ao local da asociación veciñal San Xurxo de Saiáns.
Aínda estamos moi cansos polo tute da fin de semana anterior na Vigo Bike Contest, onde recadamos moitísimos fondos coa Cantina que nos deixaron poñer, no Parque Forestal. Xuntámonos de novo, un mes despois, A 20 de Marzo, para celebrar unha nova PICNIC SESIÓNS.
“DESTA VOLTA ÍMOS TER BO DÍA!”, con este pensamento comezamos a semana, convencidos de que por fín, poderiamos amosar o noso evento como fora deseñado. Semella que chegou a nosa verdadeira oportunidade!