PICNIC SESIÓNS 14 MAIO 2023: Abandono absoluto de Saiáns por parte do Concello De Vigo

En xuño do 2021 bosquexamos este proxecto dende o corazón, con toda a ilusión do mundo.

Unha das partes importantes para nós era que fose gratuíto e inclusivo para  toda a veciñanza, para democratizar e facer accesible a pouca ou nula actividade cultural da parroquia (sen desmerecer, por suposto, o traballo da Asociación veciñal) referímonos a completa ausencia de programación cultural por parte das institucións públicas en Saiáns.

Facer un festival gratuíto é unha utopía que supón un sobreesforzo do cal non sacamos máis que a  mera satisfación de conseguilo. Picnic sesións é un proxecto sen ánimo de lucro no cal fixemos un investimento económico a nivel persoal para sácalo adiante,  co risco que iso supón. Todas as persoas da equipa somos voluntarias, que invertemos o noso tempo persoal, para facer realidade as PICNIC SESIÓNS.

Recadar fondos con eventos mensuais, conseguir patrocinadores, colaboradores, persoas voluntarias, persoas que veñen a facer talleres e  a traballar de maneira altruista, é un traballo MOI COMPLICADO, que moitas veces da lugar a malos entendementos

As veces non se valora ou non se ten en conta a dificultade de xestionar un proxecto así. Sería moito máis sinxelo cobrar unha entrada e aforrasre todo este traballo e rompedeiros de cabeza. Quizáis chegue o momento, algún día, de tomar esa decisión, pero polo de agora seguimos coa LIDEIRA de traballar para a comunidade GRATIS, para que veña a SAIÁNS, XENTE QUE NIN COÑECÍA ESTE ESPAZO (cómo pode ser….?!)

Esa é a razón pola cal seguimos pedindo axuda, por iso o ano pasado fomos petando  de  porta en porta nas casas dos veciños para conseguir finanzamento. Por esa razón, paseamos a Porquiña por entre a audiencia, co gallo de recadar as xenerosas aportacións  dos asistentes. Que non cobremos entrada non significa que a nós nos saia de balde, ou non nos custe tempo sacar adiante o proxecto.

Moita xente asisten as PICNIC SESIÓNS, coa neveira chea para  pasar o día, e lonxe de sentirnos agraviados, entendemos que o obxectivo principal é dinamizar Saiáns , inda que ese tipo de conductas vaian na nosa contra-

O que nos fai dano, aquilo que nos deixa sen folgos, e sentir como o Concello de Vigo nos deixa de lado, e faga caso omiso aos pequenos requerimentos ou,  tan sequera , ter nunha xuntanza para presentarlle-lo noso proxecto. Non queremos, nin precisamos que o Concello encarguése de cubrir tódolos  gastos do noso festi. Pero un pouco de axuda, inda que sexa a nivel de loxística, electricidade, ou  dar algún tipo de facilidades alo menos, pois sería de agradecer.

PICNIC SESIÓNS 14 Maio

O 14 de Maio durante unha hora quedamos sen suministro eléctrico. UNHA HORA. Debido a un reaxuste enerxético na Radio Costeria por parte do Concello.

 Apesares de saber que tiñamos evento,(xa que tiñamos o permiso concedido) non tiveron o detalle de avisarnos para ter en conta os  nosos cálculos para suministrar a electricidade de cada cousa da PICNIC SESIÓNS do 14 de Maio.

De feito, como sabíamos, en teoría, cal era a potencia da que dispoñíamos, alugamos un par de xeneradores para cubrir a demanda de electricidade..

AGRADECIDOS POLO AGARIMO

Por outra banda, está a xente riquiña que ven a cada PICNIC SESIÓN cun sorriso  que valora e agradece o noso exforzo para sacar adiante cada evento. Xente que fronte éstes problemas, suman, apoian e procuran ver o lado positivo. Persoas asistentes, compañeiros da equipa, veciños que aportan solucións e non lles importa arrima-lo hombreiro para acadar  un fín común. Veciños que se meten a axudarnos coma un voluntario máis, para darnos folgos, para que poidamos parar para xantar ou para ir o baño.

Á maioría de éstas persoas pouco ou nada lles importa que se saiba quenes son. Persoas xenerosas que con cada xesto deixan clara a súa declaración de intencións. GRAZAS DENDE ESTE CANLE A TODAS ESAS PERSOAS QUE NALGÚN INTRE, DALGÚN XEITO, BOTARON UNHA MÁN. No pasado, no presente e no futuro, que esperamos ter.

Como di unha compañeira “ Aporta ou aparta”. Se o Concello non quere axudarnos e non valora o noso esforzo pois que o digan de maneira clara e xa nos buscaremos a vida!

Xa bastantes atrancos temos  para andar con adrómedas….

SUPERADO O ATRANCO….

Superado o atranco da electricidade, arrincamos con todas as actividades programadas.! Principalmente pola boa actitude de todas as persoas vinculadas.

O obradoiro de cestería creativa, con tódalas  prazas esgotadas, deixounos moi satisfeitos e morremos coas ganas de repetir experiencia con CACABELOS CESTERÍA. Todos os participantes encantados e desexando repetir!

cesteria picninc sesions
Foto do obradoiro de cestería creativa de Cacabelos Cestería

Os concertos de EPOJE TATUM e Javier Turnes & the Hakemen, incríbles, moita calidade de músicos que déronnos a banda sonora deste picnic campestre de domingo. Moitas grazas pola vosa paciencia e adaptabilidade! Repetiremos para o ano  seguro!

O espazo de brinquedos tradicionais de MIUDIÑO, foi un éxito! Familias xogando e máis que seguirían se tivéramos máis tempo para desfrutar do espazo! Moi recomendable traballar con esta cooperativa de artistas da zona, tomade nota!!

Neno xogando cos brinquedos tradicionais de Cooperativa MIUDIÑO

ESCOLA DE BAILE SWING ON

Como broche de ouro á xornada de domingo, estreouse con nós unha nova marca viguesa, que se suma a nosa PICNIC COMUNIDADE

A escola de baile SWING ON, impartiu unha clase aberta de LINDY HOP e continuaron cunha picada de SWING  da que desfrutaron todos os asistentes , ghastando a pista da Radio Costeria de Saiáns!

Un pracer coñecer e compartir con xente co sorriso permanente! Qué fácil e bonito é traballar así!

PICNIC SESIONS SWING BAILE
Xente disfrutando da clase de baile de Lindy Hop da Escola de baile SWING ON , de Vigo

Adiantamos que repetiremos, tamén con eles, as clases de baile, xa que é un fín de festa que xenera unha enerxía moi boa e nos cae perfectamente.

Grazas a todos por facer posible unha PICNIC SESIÓNS máis! Vémonos o sábado 17 de xuño en Saiáns!

Queres botarnos unha man?

  • Escríbenos e forma parte da nosa equipa de voluntarios
  • Comparte e axúdanos a difundir!
  • Dalle un ME GUSTA ás nosas publicación nas redes

Calquera axuda é benvida!