picnic sesións festival vigo

CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “MINGOS TEIXEIRA”

O 10 de setembro, dentro da programación de actividades de PICNIC SESIÓNS, O FESTIVAL DE SAIÁNS, celebraremos un CERTAME DE PINTURA RÁPIDA Ó AIRE LIBRE, chamado “Mingos Teixeira”.

MINGOS TEIXEIRA

Este certame leva o nome dun importante artista local, en homenaxe á gran labor educativa e cultural que fixo durante toda a súa vida.

Artista autodidacta de marcado carácter persoal, obsesionado pola cor e a composición que trata de aportar, dende plantexamentos investigadores e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos da arte. Aínda que a súa obra é eminentemente pictórica, realiza tamén obra fotográfica, cartelismo, ilustración e deseño artístico.

mingos teixeira
Mingos Teixeira

É coñecido polo seu afán de achegar o mundo da arte ós máis xóvenes, mediante publicacions, artículos, conferencias, programas educativos e culturais, etc., actividad que o ten levado a foros internacionais de educación artística.

Con moito agarimo e respecto, poñemos o seu nome á ….

PRIMEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE PINTURA RÁPIDA Ó AIRE LIBRE DE SAIÁNS

  • Data: 10 setembro 2022
  • Localización: Radio Costeira de Saiáns
  • Tema: A paisaxe de Saiáns
  • Estilo e técnica: libre
  • Soporte: libre
  • Tamaño mínimo: 42×29 cm
  • Idade: a partir de 14 anos (as persoas menores de idade precisarán na  inscricion autorización do seu titor/a)
  • Premio: cheque regalo 300 eur para gastar nunha tenda de material artístico de Vigo
  • HORARIO:
    • Selado de soportes 11:00-12:00
    •  Entrega da obra 16:30-17:00
    •  Entrega do premio 18:00

@s artistas participantes terán que achegar todo o material que precisen para desenvolver a súa obra

Non poderán saír da zona plantexada para a celebración do festival para desenvolver o seu traballo artístico

Poderán traer bosquexos e apuntes previos de calquera zona ou idea baseandose no tema plantexado: A PAISAXE DE SAIÁNS

O soporte utilizado para a súa obra terá que estar en branco no momento do selado para estar todos e todas en igualdade de condicións

Non se poderá entregar ninguna obra fóra do horario marcado para tal cousa

Se o autor/a da obra premiada non estivera presente no momento da entrega de premios, se daría o premio a seguinte obra mellor valorada polo xurado

A obra premiada devolverase despois de ser fotografiada, e a organización terá dereito a utilizar a imaxe para futuras publicacións e promocións de outras edicións, pertencentes ao proxecto PICNIC SESIÓNS

Cartaz do Festival de Saiáns

Inscricións ata o mércores 7 de setembro

 +info pinturarapida@picnicsesions.gal

Animádevos!